1/25/2012

Charlie e o grande ascensor de cristal de Roald Dahl

TÍTULO: Charlie e o grande ascensor de cristal
AUTOR: Roald Dalh
EDITORIAL: Merlín
DATA DE EDICIÓN: febreiro 2005
EDICIÓN: primeira


Charlie e o grande ascensor de cristal é  a segunda parte de Charlie e a fábrica de chocolate. Narra as aventuras do fillo dunha familia pobre que é invitado de visita á fábrica de chocolate.Neste libro Charlie, os seus pais, os seus catro avós e o señor Wonka fan una súbita viaxe ao espazo nunha especie de cápsula de cristal, semellante a un ascensor. Despegan dende a fábrica de chocolate do señor Wonka, pero por un accidente entran en órbita.Cando chegan ao espazo encóntranse cun hotel espacial dos Estados Unidos de Ámerica. Deciden entrar nel. Despois de que foran atacados polos Knidos Vermiciosos, soben de novo no ascensor de cristal e baixan cara á terra.


A min gustoume este libro. É unha  historia bonita, ten moita intriga. É moi semellante a Charlie e a fábrica de chocolate.
Recomendaríallo a todos os nenos e nenas aos que lles guste a lectura e que lles gustara o libro de Charlie e a fábrica de chocolate, é moi divertido. Todos os que estean interesados neste tipo de historias que o lean, seguro que vos gusta.
Andrea Sánchez 1ºD

Ningún comentario:

Publicar un comentario