1/24/2012

Banco de palabras


    Hai palabras que nos gustan máis ca outras: pola súa sonoridade, polo que significan, polo poder evocador que teñen, ao seren capaces de trasladarnos a lugares ou tempos determinados...
    O ENDL do IES de Viós tivo unha iniciativa moi interesante: gardar nun "banco de palabras" aquelas especialmente queridas e das que, de ningún xeito, querían desprenderse ou perdelas. Neste vídeo está o resultado.
   A pesar da proximidade xeográfica, a realidade lingüística dos rapaces de Viós co galego é diferente á da maioría dos nenos de Betanzos: en Viós o galego aínda é unha lingua de xuventude, e para moitos a única que empregan habitualmente, aínda que tamén é certo que o seu uso decrece bastante rápido.
   Pero nós tamén queremos gardar palabraS:  palabras sonoras, evocadoras, doces, amargas, salgadas... por algo son o ingrediente imprescindible para as larpeiradas.
   Así que, a falta doutro sitio mellor, aquí iremos gardando algunhas delas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario