1/23/2012

A chave da Atlántida de Anxo Fariña

                
FARIÑA, Anxo: A Chave da Atlántida.


Editorial Xerais, 1ª edicion: outubro,2011

                          ***
A-cero é  un ser humano artificial que aparenta a idade dun rapaz de 12 anos. É creado polos científicos do Proxecto Prometo da empresa de  Biomorph ( que esta nos arrabaldes).  Estes créarono a través duns pergamiños atopados cando estaban buscando a Atlántida. Cando aínda estaban probando ofuncionamentos de A-0, este volveuse tolo e foi o responsable dunha explosión que deixou sen vida a dúas persoas.De aí en diante estivo nun período de hibernación que durou varios anos ata que un día fuxiu e foi á casa de Fran e a súa sobriña Eva. Fran era uns dos científicos do Proxecto Prometo.
Fran viaxa co robot e mais coa súa sobriña a Rabat onde os espera un antigo amigo de Fran,  o profesor Blackwood, que lles axudara a esconder  A-0 do xeral Hiperión. frann descobre que a Atlántida se move cada certo tempo e o seu seguinte movemento será ao día  seguinte nas Illas Cíes, a onde se dirixen inmediatamente. Unha vez alí Eva...
                                                                                    ***
A min gustoume moito este libro porque  me intrigou moito. Eu creo que o autor quere dicir que por moi difíciles  que estean as cousas non hai que renderse, hai que seguir  intentándoo.
Carmela Vázquez 1ºC.
                                     

Ningún comentario:

Publicar un comentario