1/24/2013

MASINI, Beatrice: Adiviña quen son

http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Datos/Portadas/978-84-92404-09-4.jpg 
MASINI, Beatrice: Adiviña quen son. Vigo, 2008. Tambre 
Dous rapaces envíanse mensaxes anónimas para contarse o que pensan dos seus compañeiros, da súa familia... pero o máis importante, para contarse o que senten un polo outro. Aquí empeza unha historia de amor onde a intriga é coñecer o nome da moza que conquistou o corazón de Michele. 

 Pareceume unha historia interesante, pola maneira en que está escrita, que te atrapa dende as primeiras liñas. É emocionante e, ao mesmo tempo, presenta un pouco de intriga porque queres coñecer o nome da rapaza e as últimas mensaxes anónimas. O amor, a amizade, esa covardía de non querer que os nosos sentimentos saian fóra de nós... son cousas que nos acompañan ó longo da vida. Por estes motivos creo que o autor elixiu moi ben os temas do relato. O libro mestura  a dozura das palabras coa intriga de coñecer o que vai suceder no final. Pero, sobretodo relata unha historia de amor: mensaxes anónimas, algún que outro enfado... Adiviña quen son é unha magnífica obra para mozos, que mantén en toda a historia esa intriga que a fai única

3 comentarios:

  1. Aínda que non lin o libro así por enriba,parece un bo libro. Pero tal e como o comentan penso que e un libro para rapaces da nosa idade, de máis ou menos 12 ou 13 anos. Pola portada parece un gran lbro, gustaríme moito lelo.

    Carla Gómez Furelos 1ºA

    ResponderEliminar
  2. Aún non o lin,pero parece que é moi bó libro.

    INDHIRA A.M. 1ºA Nº2

    ResponderEliminar
  3. Aínda que non o lin o seu resume pareceme moi interesante.

    Sofía 1ºA

    ResponderEliminar