1/24/2013

Corredores de sombras


 http://linguason.blogaliza.org/files/2011/06/corredores-de-sombra.jpg

  
FERNANDEZ PAZ, Agustín Corredores de Sombra Edicións Xerais de Galicia ( 11ª edición, xuño, 2011)
Este libro narra unha historia que Clara conta, e que formou parte do seu pasado. Entre os personaxes principais encóntrase ela, unha adolescente disposta a todo, e Miguel, o seu amor. Clara, á descuberta dun esqueleto na súa casa, e a falta de información sobre seu pai, ponse en marcha para, xunto con Miguel, averiguar os segredos máis agochados dos Soutelo, a súa familia. O seu pai intentaba disimulalo só como un incidente, mais Clara púxose a investigar. Ía de lugar en lugar, preguntando á xente maior, intentando descubrir a súa identidade e o motivo polo que estaba aí ese esqueleto, axudada por Miguel e Carlos, o seu tío. Cando o seu pai se decatou de que ela estaba a saír con Miguel prohibiulles encontrárense e Carlos decidiu axudarlles a verse. Ao final, Clara, descubrirá que as solucións a un enigma poden vir do lugar menos pensado. 

 Creo que a intencón deste libro é a de facer saber o que algúns falanxistas fixeron e nunca contaron. O autor denuncia a falta de igualdade naqueles tempos. Creo que é un libro con moitos argumentos e gustaríame recomendarllelo a persoas ás que lles guste o misterio 
 José Manuel Vázquez Calatayud 2ºC


Esta novela é histórica, pero á vez de misterio.
Carla conta como foi o verán do ano 1995, que pasou no pazo da familia en Vilarelle. Alí, facendo reformas atopan un esqueleto dentro de dúas paredes. O esquelete ten dous furados de bala, parece que foi un asasinato. Clara decide investigar sobre o caso, quere descubrir quen é o asasino e o asasinado. Un día, coñece a Miguel, o que remataría sendo o seu mozo, e axúdalle a resolver o caso falando ccoa súa avoa. Descobren que naquela época no pazo estaba o avó de Clara coidando ao amante da súa avoa, Rafael, encerrado no edificio.
Tamén, o tío da protagonista dilles que Pablo non era moi boa persoa. Quen será o asasino? E quen será o asasinado?

Gustoume moito sobre todo porque é de misterio, pero tamén é moi conmovedora polo final. Aprendín cousas sobre a Guerra Civil léndoa.
Recoméndolle este libro a calquera persoa á  que lle gusten os libros de misterio, que queira aprender cousas sobre o pasado do país, e que saiba emocionarse.

Irene García Pizarro 2º A Nº 25

1 comentario:

  1. Este libro tamén o lin e gustoume moito polo misterio e penso o mesmo do final.A escena que más me gustou foi cando Clara empeza a levarse mellor con Miguel e lle axuda coa investigación.




    Emma Blanco 1ºA

    ResponderEliminar