5/28/2013

Re-creando a Carlos Negro

Estou por ti, disme
baixando a testa.
E noto entón
como me salta unha chispa
debaixo da carcasa do meu peito,
nun descoñecido lugar
onde o meu corazón
é un nivel misterioso,
un complexo xogo
de palabras estrañas
que non sei interpretar.

Estou por ti, repites,
e entón comprendo
que iso que chaman amor
é a combinación máis difícil
dos meus sentimentos,
a única combinación
que non se aprende pulsando AXR.
  Gala S. Sánchez 2ºC. 








Estou por ti, disme
coa voz chea de sorrisos.
E noto entón
como me soa un timbre
debaixo do corazón,
nun incómodo habitáculo
onde cada sentimento
é unha parte dun puzle,
un difícil problema
de palabras mortas
que non sei como se din.

Estou por ti, repites
e entón comprendo
que iso que chaman amor
é a ecuación máis complicada
dos exames de matemáticas,
a única ecuación
que nin sequera
 o mellor profesor
 podería explicar.

 Irene García 2ª A 


Estou por ti, disme
cun sorriso
e a voz a baixo volume.
E noto entón
como me reclama o mando
debaixo da pantalla do peito,
nun incómodo teclado
onde cada sentimento
é un groso cable
dentro dun complexo enchufe
de palabras enroscadas
que non sei como acender.

Estou por ti, repites
e entón comprendo
que iso que chaman amor 
é un conxunto de altavoces
situados 
na parte dianteira do corazón,
a única postura que non sae
neses programas enleados
dos sábados á madrugada.
Laura Cortés Gil 2ºA



Estou por ti, disme
coa voz cromada
de sorrisos.
E noto entón 
como me cae o estribo
debaixo da americana,
nunha incómoda montura
onde cada sentimento
é un galope misterioso,
un complexo salto
de palabras derrubadas
que non sei como se din.

Estou por ti, repites,
e entón comprendo
que iso que chaman amor
é a competición máis difícil
que non sae nin se aprende
nos concursos 
dos domingos á tarde.
Laura Amado 2ºA 


Gústasme, disme,
coa voz melosa de sorrisos,
e noto entón
como se produce un latexo
debaixo do corazón, no peito,
nun incómodo lugar
onde cada sentimento
é unha peza misteriosa,
un complexo funcionamento
de palabras axitadas
que non sei como se din.

Gústasme, repites,
e entón comprendo
que iso que chaman amor
é a postura máis difícil
na traseira do corazón;
a única postura
que non sae nin se aprende
nas pelis porcas
dos sábados á madrugada.
Manuel Veiga 2ºC


Ningún comentario:

Publicar un comentario