4/11/2013

CERTAME LITERARIO NA MAGDALENA E A CONDOMIÑA


Bases concurso de escritura!

Cos obxectivos de fomentar a cultura e a educación, incentivar a creatividade literaria e
achegar a literatura ao público en xeral, a Asociación de Veciños da Magdalena e a
Condomiña convoca un concurso literario coas seguintes bases:




1. Poden presentarse autores e autoras de calquera nacionalidades, existindo dúas
categorías: a infantil ata os 14 anos e a adulta dos 15 anos en diante.

2. As obras poderán ser escritas en castelán ou galego, sendo estas inéditas e non
premiadas.

3. O tema do traballo estará relacionado ca palabra chave escollida para esta
primeira edición: o barrio.

4. Haberá dúas modalidades: a de poesía cunha extensión máximo de 50 versos e a
de relato curto cunha extensión máxima de seis páxinas.

5. Cada persoa poderá presentar un máximo de dous traballos.

6. O modo de entrega poderá ser por correo electrónico a asociaciondamagdalena@gmail.com  enviando adxunto a copia do traballo e noutro documento os datos do autor ou da autora: nome, DNI, dirección, teléfono e ocupación. Tamén poden ser presentados por correo ordinario na dirección Avenida Fraga Iribarne, nº 78, 4ºC, Betanzos (A Coruña), CP. 15300. Neste caso deberá conter dúas copias do traballo e un sobre pechado cos datos do autor: nome, DNI, dirección, teléfono, email e ocupación.

7. O prazo de entrega rematará o día 17 de maio, Día das Letras Galegas.

8. O xurado estará composto polo poeta Xosé Carpenter, a enxeñeira naval Elizabeth Riva, o avogado Luís Xesús Sánchez, a documentalista María Pereira, a escritora Elena Veiga, o escritor Xesús Fraga, o historiador Julián Ferrer e a poetisa Gabriela Rodríguez.

9. O premio consistirá nun diploma acreditativo, nunha xira ao campo dos Caneiros, un lote de libros e un agasallo sorpresa por parte da Asociación de Veciños.

10. A decisión do xurado será comunicada o día 31 de maio e haberá posteriormente un acto público para dar a coñecer os traballos.

11. As obras premiadas pasarán a formar parte do patrimonio da Asociación de Veciños da Magdalena e a Condomiña que terá a decisión de publicala nos medios que crea conveniente.

12. A participación nesta convocatoria implica a aceptación das súas bases e a decisión do xurado que será inapelable.

A Presidenta da Asociación de Veciños da Magdalena e a Condomiña,
Yolanda Pascual Izquierdo

Ningún comentario:

Publicar un comentario