2/23/2012

O raio veloz


FERNÁNDEZ PAZ,Agustín: O raio veloz
Ed. Oxford-edición lila-colección A árbore da lectura.
    RESUME:
O raio veloz é unha historia que relata a vida de Adrián Novoa, un home que anda a buscar un emprego e unha moza que o fagan feliz. Bástalle con pouco diñeiro, o necesario para vivir válelle.Vive nunha bufarda pequena. Pasou por varios namoramentos pero todas as mulleres o acababan rexeitando por non ter a mellor casa, o mellor coche, o mellor emprego…
Pasou por varios empregos, dende escritor infantil ata saxofonista dunha orquestra. Probou a ser floreiro pero descubriu que era alérxico ao pole das plantas.
Un día descubriu un anuncio busca emprego da empresa de mensaxeira “O raio veloz”.
Na entrevista de traballo namorouse da súa xefa e a súa xefa del.A partir dese día Adrián comeza a recibir mensaxes con xeroglíficos que ao xuntalos expresan a idea dunha cita.
Non vou dicir agora quen llos envía pero se o queredes saber ¿Por que non o ledes?

CRÍTICA:
Paréceme un libro con moitos sentimentos, o cal me encanta.
Cando comecei a lelo non puiden parar e xa o lin máis de catro veces.
Eu creo que é un dos mellores traballos de Agustín Fernández Paz.

                                                                                  SARA MARTÍNEZ LÓPEZ   1ºA   Nº14







Ningún comentario:

Publicar un comentario